Saturday 04 de May de 2024

A Escola Municipal de Música Magariños celebra mañá xoves a primeira edición do Festival BriónFolk


 

O venres 14 terá lugar a segunda sesión dos Venres Musicais

A Escola Municipal de Música Magariños celebrará mañá xoves 13 de marzo a primeira edición do Festival BriónFolk, que terá lugar a partir das 20:00 horas na Aula 5 da propia escola. A entrada é totalmente libre e de balde ata completar aforo.

A interpretación estará a cargo do alumnado do itinerario tradicional e folk que, por primeira vez, actuará en público para ofrecer pezas como Vira de Bembibre, Pasodobre de Mallou, Rumba de Acevedo, Muiñeira do Morrazo… Un total de sete pezas interpretadas por unha ducia de alumnos e alumnas en varios grupos.

Ao día seguinte, venres 14 de febreiro, a ESMU Magariños fará dobrete coa segunda sesión do sétimo ciclo “Venres musicais”, que terá lugar ás 20:00 horas no auditorio do centro social polivalente. Nesta ocasión, o formato será totalmente diferente xa que será protagonizado polo alumnado do itinerario moderno, que porá sobre o escenario unha selección de pezas moi coñecidas e populares para o público.

Ambos festivais están organizados pola ESMU Magariños de Brión, que conta coa colaboración do Concello de Brión, da Deputación da Coruña e da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.